Resolución do 26 de febreiro de 2016 - DOG do 11 de marzo de 2016 - , da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación:
A resolución contén os seguintes anexos:
Anexo I Solicitude. Procedemento TR306A
Anexo II Calendario do procedemento
Anexo III Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade
Anexo IV Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
Anexo V Validacións das competencias por ter superados estudos regrados
Anexo VI Certificados de profesionalidade que requiren a competencia en lingua estranxeira
• Prazo de solicitudes abrangue do 12 de marzo ata o 2 de abril
• Lugar de realización das probas previse que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra) como nas últimas convocatorias (ver artigo nº 9 da Resolución)
Recomendacións:
- Prégase entregar a solicitude o antes posible
- No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar fotocopia coa solicitude (ver artigo nº 7 da Resolución)
- No caso de solicitudes cumprimentadas a man, pregase claridade nos datos
- No caso de presentarse as probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, so é necesaria unha solicitude
Nota informativa o nivel 3
No mes de setembro de 2016 (disposición final 5ª da LOMCE) entrará en vigor o artigo 41.3 da Lei Orgánica para a mellora da calidade educativa que regula as condicións de acceso e admisión aos ciclos formativos de grao superior.
Tendo en conta a modificación introducida neste artigo, considerarase que cumpren os requisitos de acceso aquelas persoas que posúan a partir da súa entrada en vigor, entre outros, algún dos seguintes títulos:
- Título de técnico en formación profesional (grao medio LOE ou LOXSE).
- Título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).
Estas titulacións incorporaranse aos requisitos de acceso aos cursos de certificados de profesionalidade de nivel 3, logo da entrada en vigor do artigo 41.3 da LOMCE; non sendo de aplicación para as persoas que accedan aos cursos de formación con anterioridade ao 1 de setembro de 2016.
Instituto Galego das Cualificacións
• Teléfono de contacto: 981.546840 981.541562 981.546808
• Fax: 981.544604
• Enderezo electrónico: ctb.igcualif@xunta.es
EQUIPO AGENCIA DE COLOCACIÓN
Ponte en contacto con nosotros para resolver tus dudas.