INCENTIVOS PARA A CONTRATACIÓN DE MENORES DE 30 ANOS

lunes, 4 de enero de 2016

Economía convoca as axudas para incentivar con máis de 6,5 millóns a contratación de menores de 30 anos

Dentro de todas las novedades tanto laborales como fiscales que nos hemos encontrado estos últimos días, hoy os traemos una en concreto:

Programa de incentivos a la contratación de las personas jóvenes inscritas en el registro de la garantía juvenil- y la que os ponemos la nota de prensa publicada en la web de la Xunta de Galicia.

 

Santiago, 4 de xaneiro de 2016.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar dúas liñas de axudas para incentivar ao longo deste ano a contratación dos menores de 30 anos inscritos no programa de Garantía Xuvenil. En concreto, o departamento autonómico destina máis de 6,5 millóns de euros co obxectivo de mellorar a inserción profesional dos mozos e mozas galegos.

Por un lado, a Xunta de Galicia apoia con preto de 3,5 millóns de euros ás contratacións de menores de 30 por parte de empresas, tanto en contratación indefinida como en temporal, sempre e cando se realicen entre o 1 de novembro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.

No caso dos contratos indefinidos, apóianse cun mínimo de 7.000 euros, contía que se incrementa en 600 euros no suposto de que a persoa contratada sexa muller, e ata 8.200 euros no caso de que a contratación sexa realizada por empresas pertencentes a sectores estratéxicos.

Ademais, a Consellería apoia as contratacións de carácter temporal a tempo completo, así como a súa transformación en indefinidas -agás o contrato temporal para a formación e aprendizaxe-, cunha axuda comprendida entre 1.200 euros por un contrato de duración de 6 meses; e con 3.600 euros no caso do contrato en prácticas. A súa transformación en indefinidos incentivarase con 2.500 euros. Estas contías incrementaranse tamén no caso de que a contratación se realice cunha muller ou en empresas pertencentes a sectores estratéxicos.

Entidades sen ánimo de lucro
Doutro lado, a Consellería de Economía respalda con máis de 3 millóns de euros a contratación de menores de 30 anos por parte de entidades sen ánimo de lucro. O obxectivo é que durante un período de 7 meses os beneficiarios podan obter unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral. Os contratos deberán ser a tempo completo e a contía das axudas oscilará entre os máis de 8.600 e máis de 17.200 euros, dependendo do grupo de cotización á Seguridade Social do traballador que se contrate. A información ou realización de trámites en relación con esta convocatoria de axudas facilitarase a través da páxina web de Garantía Xuvenil.

Para inscribirse no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil é necesario ter nacionalidade española ou ser cidadán europeo ou estranxeiro que resida en España, estar empadroado en calquera municipio español, ser menor de 30 anos, non ter traballado nos 30 días anteriores á solicitude, e non ter recibido accións educativas de máis de 40 horas mensuais nos 90 días anteriores.

Estas dúas convocatorias de axudas inscríbense na aposta do Goberno galego por fomentar a contratación dos menores de 30 anos a través do programa de Garantía Xuvenil. De feito, neste programa súmanse as axudas específicas de formación para os mozos e mozas por máis de 3,6 millóns e as de promoción do emprego autónomo para este mesmo colectivo por máis de 2,5 millóns. Así, a Consellería de Economía, Emprego e Industria abre o 2016 con 12,6 millóns en axudas específicas para mellorar as oportunidades de atopar un emprego nos menores de 30 anos.

 

  Fuente: Nota de prensa Xunta de Galicia

O equipo da Axencia de Colocación Postal3

empleo@postal3.es


Comparte este Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web.
  • No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.